O Teatro Principal acolle este venres o estreo de “Hechos Furiosos”, obra de teatro apoiada pola Deputación

-11.30 horas: Presentación da obra “Hechos furiosos”.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación de “Hechos Furiosos”, obra de teatro en formato monólogo que se estreará o 10 de xuño no Teatro Principal. Estará acompañado da actriz protagonista, Raquel Menor Rodríguez e pola directora e dramaturga Nathalia Paolini. Lugar: Sala de prensa da Deputación de Ourense.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, reivindicou a aposta pola cultura realizada pola administración provincial, “que sempre está na liña de apoiar o talento e a creatividade ourensá. E o apoio a esta obra é outra nova mostra”

A protagonista da obra, a actriz ourensá Raquel Menor, considerou unha “honra” ter a posibilidade de “poder presentar a miña obra no Teatro Principal, no teatro da miña cidade”, amosando o seu agradecemento á Deputación por “estar sempre presentes e apoiarme sempre”

AVANTAR ACTIVIDADES

O Teatro Principal acolle este venres, 10 de xuño, o estreo da obra “Hechos Furiosos”, protagonizada pola actriz ourensá Raquel Menor, escrita e dirixida por Nathalia Paolini e que conta co apoio da Deputación de Ourense.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, presentou esta mañá no Pazo Provincial a obra, acompañado por Raquel Menor e Nathalia Paolini. Fernández reivindicou que “a Deputación sempre está na liña de apoiar o talento e a creatividade da provincia, e o apoio a esta obra é outra nova mostra”. 

Raquel Menor definiu como “unha honra” ter a capacidade de “poder presentar esta obra no Principal, o teatro da miña cidade”, agradecendo á Deputación “por estar sempre presente, e apoiarme sempre”. Menor tamén aplaudiu a personaxe creada por Paolini, con “ese toque de retranca galega que eu teño”. 

Nathalia Paolini resaltou o papel que ten o gato na trama da obra, xa que “actúa como psicólogo escoitándonos, e sendo o ser vivinte co que podemos ter máis conexión, porque sobre todo, non xulga, a diferencia das persoas” Paolini aproveitou destacou a oportunidade de presentar en Ourense, “unha experiencia enriquecedora e facer a estrea no Teatro Principal é un luxo”

Unha obra reflexiva e centrada nas preocupacións cotiás

O monólogo céntrase na conversa entre unha muller chamada Claudia e o seu gato, no que a protagonista conta as súas vivencias e problemas cotiás: a felicidade, o amor, o propósito da vida… Todas estas reflexións, alonxadas dun carácter moralizante segundo explica a autora, fanse en clave de humor, buscando que o público goce do espectáculo de 90 minutos de duración.

Raquel Menor embárcase así nunha nova aventura nos escenarios despois de participar en cortos como” Berenice”, seleccionado no festival internacional de curtametraxes Cinesan; ou no documental, que contou co apoio da Deputación de Ourense, “My Kingdom Come”, obra gañadora do premio á excelencia dos Impact Docs Awards e semifinalista do CineFest de Los Ángeles no ano 2020.