O Concello de Ribadavia comezou a obra para iluminar o paseo do río Avia.

Será a primeira vez que se dote de iluminación este paseo moi concorrido e de moita afluencia. 

O tramo irá desde a zona da Barca, pasará por todo o tramo urbano do río en Ribadavia, incluíndo o parque da Veronza, ata a zona do campo de fútbol de San Cristovo.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Ningún destas zonas, a excepción da zona da ponte de San Francisco, dispón de alumeado público polo que estamos a falar dunha mellora importante que levaba sendo demandada fai moitos anos e que agora se fai realidade.  

 Falamos dun proxecto amplo de case 3 quilómetros que suporá a instalación de máis de 100 novos puntos de luz de baixo consumo, que lle dan continuidade á estratexia do Concello de aforro enerxético ao mesmo tempo que se mellora toda a zona do paseo fluvial. Neste sentido, o Concello fixouse como obxectivo no comezo da lexislatura a mellora integral de todo o camiño do río Avia.   

Desde o Concello estamos traballando para que esta zona do río sexa un espazo de recreo e lecer máis accesible a Ribadavia, aumentando as súas horas de uso e desfrute, fundamentalmente nos meses non estivais cando se reducen as horas de luz.