Nota informativa da Fundación Vicente Risco sobre os Petiscos Musicais

IES CHAMOSO LAMAS

O sábado 25 de xuño, ás 20 horas, na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, dará un concerto de guitarra Daniel Alexandre Iglesia dentro do VIII Ciclo de Música de Cámara, Petiscos Musicais. É o segundo concerto da tempada.
Organiza a Fundación Vicente Risco, e coordina Cristina Vázquez Canal. O aforo está limiatado a 35 persoas tendo preferencia as persoas aboadas. Rogamos comunicar asistencia enviando un correo electrónico a secretaria@fundacionvicenterisco.com, indicando nome, teléfono e e-mail de contacto.O prezo da entrada é de 12 euros, e a doazón mínima para o abono dos catro concertos é de 40 euros.
A Fundación Vicente Risco leva desenvolvendo Petiscos Musicais desde o ano 2015. Son un ciclo anual de catro concertos, un por cada estación do ano, tendo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara.