Manuel Baltar critica na FEMP o “desprezo” amosado polo Goberno central ante as reclamacións das administracións locais

IES CHAMOSO LAMAS

O presidente da Deputación de Ourense participou esta mañá en Madrid nas reunións da Xunta de Goberno e o Consello Territorial da FEMP, celebradas no Senado

Manuel Baltar recriminou a pasividade do Goberno ante as inquedanzas das administracións locais, expostas en reiteradas ocasións nos dous máximos órganos de goberno da FEMP: “Nunca se vira na democracia española tanto desprezo polo mundo local coma o amosado nos últimos tempos pola Moncloa”

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

“O Goberno debe convocar xa a Comisión Nacional da Administración Local”, remarcou Manuel Baltar ante a necesidade de abordar cuestións clave como a distribución dos fondos europeos, un novo modelo de financiación local, a compensación polas perdas na recadación do imposto das plusvalías ou o impacto da suba de prezos e a inflación na realidade de concellos e deputacións

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Madrid nas reunións da Xunta de Goberno e do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), celebradas no Senado.

Ó remate das xuntanzas dos máximos órganos de goberno da Federación Española de Municipios e Provincias, Manuel Baltar voltou a remarcar “a necesidade de que o Goberno  central convoque a Comisión Nacional da Administración Local (CNAL)”, para abordar aspectos clave como o papel das administracións locais no reparto e distribución dos fondos europeos de recuperación, ademais da negociación dun novo modelo de financiamento local ou a compensación polas perdas na recadación do imposto de plusvalías. 

“Nunca se vira na democracia española tanto desprezo polo mundo local coma o amosado nos últimos tempos pola Moncloa”, lamentou o presidente da Deputación de Ourense, que reivindicou o traballo das administracións locais durante a pandemia e neste novo contexto socioeconómico. 

O papel das administracións locais no reparto dos fondos europeos

A Xunta de Goberno e o Consello Territorial da FEMP foron celebradas por primeira vez no Senado, sendo os seus integrantes recibidos polo presidente da Cámara Alta, Ander Gil. En ambas reunións defendeuse a boa xestión de Concellos, Deputacións, Cabildos e Concellos Insulares na distribución dos fondos europeos, pedindo a xestión de 3.500 millóns de euros da nova partida asignada por Europa a España dentro dos Next Generation. O propio presidente da FEMP, Abel Caballero, anunciou a creación dunha comisión de alcaldes para abordar as posibles liñas de destino destes novos fondos europeos e comunicalas ao Goberno central. 

Ademais, a FEMP voltou a remarcar esta mañá a necesidade dun fondo COVID dotado con 3.000 millóns de euros para as administracións locais e outro fondo compensatorio respecto as perdas do transporte público o ano pasado, ademais da supresión da normativa fiscal en 2023. 

O Consello Territorial da FEMP abordou tamén a tensión sufrida polos gobernos locais provocada polo aumento dos custos e a inflación. Nesta liña, avanzouse a posibilidade de estudar a posibilidade de establecer impostos locais sobre as telecomunicacións e a rede eléctrica. E, entre outros asuntos, informouse de que se elevará unha reclamación ó Ministerio de Transición Ecolóxica para expoñer a “imposibilidade de executar a implantación das Zonas de Baixas Emisións (ZBE) nas cidades antes do 31 de decembro, cando a tramitación require entre 12 e 16 meses”.