A Xunta achegará ós concellos ourensáns os programas de axuda á vivenda nun encontro informativo o próximo 6 de xullo

A invitación para este foro está aberta a todo o público xeral, e en particular ós concellos, empresas e entidades do sector de toda a provincia de Ourense

A Xunta de Galicia celebrará a próxima semana o duodécimo encontro informativo baixo o nome #ConstruíndoFogar. Neste caso, terá lugar na provincia de Ourense, sendo a primeira vez que terá a súa sede nesta provincia. En concreto, a cita será o vindeiro mércores, días 6 de xullo, ás 10:30 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

A este encontro está convidado o público en xeral, pero especialmente dirixido a concellos, empresas e entidades do sector como colexios de arquitectos, enxeñeiros técnicos ou agrícolas, empresas de vivenda e rehabilitación residencial como inmobiliarias, xestores de comunidades de veciños ou construtores, dos 92 concellos ourensáns, ca finalidade de amosarlles os distintos programas e liñas de axuda en materia de vivenda ás que poden optar tanto os cidadáns coma as entidades.

Este ano, a administración autonómica conta cunha trintena de programas relacionados con este eido, tanto en materia de rehabilitación como liñas de axudas para facilitar o acceso á vivenda, como subvencións para o pago do alugueiro ou compra. O obxectivo principal de convocar ó tecido social e amosarlles cales se adaptan a cada un deles, resolver as súas dúbidas, informar dos requisitos que se deben cumprir e os trámites que serán requiridos para ser concedidas. Para todo iso, tamén se contará ca presenza de persoal técnico do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

A provincia de Ourense conta con 81 concellos de menos de 5.000 habitantes, do total de 92 municipios. Para estas zonas en concreto existe un programa especial de axudas para a adquisición de vivendas. A esta liña prestaráselle especial atención, así como as destinadas ós concellos incluídos na Área de rehabilitación supramunicipal dos Camiños de Santiago ou ás liñas de axuda relacionadas ca mellora enerxética de edificacións.

Novas instalacións da Oficina de rehabilitación de vivenda

Este encontro é de vital importancia para a cidadanía, xa que é a forma máis directa e sinxela de animar a todos aqueles interesados a optar a estas axudas e a realizar os trámites correctamente, así como para chegar a todos aqueles que non coñecían as distintas liñas de subvencións para a vivenda ás que poden acollerse.

Ademais, nesta ocasión terá unha dobre vantaxe, xa que tamén servirá de oportunidade para presentar a nova Oficina de rehabilitación de vivenda, un lugar no que resolver dúbidas e obter información de xeito rápido para a cidadanía, posto en marcha no mes de marzo. Este espazo, ubicado en Santiago de Compostela, preto da sede central do Instituto Galego de Vivenda e Solo, está aberto ó público de luns a venres, en horario de 09:00 horas ata as 14:00 horas, con atención a través de cita previa presencial ou telefónica no teléfono 881 045 897.