A Deputación entrega dez gaitas elaboradas polo Obradoiro de instrumentos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A deputada de Cultura, Patricia Torres, entregou esta mañá na sala de xuntas do Pazo Provincial dez gaitas elaboradas polo Obradoiro de instrumentos da Deputación á banda de gaitas trivesa Os Trintas, representada polo seu director, Santiago Mera, e membros da directiva. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Este é un xeito máis, tremendamente importante, de apoiar a formación musical dos veciños ourensáns e ademais supón un respaldo para esta formación”, sinalou a deputada, que ademais de aplaudir a traxectoria de Os Trintas quixo recoñecer o excelente traballo realizado polo obradoiro dirixido por Manuel Brañas.

Mentres, dende a banda trivesa resaltaron que “hoxe é un día moi importante, porque estes instrumentos facían moita falta para garantir a nosa continuidade como agrupación. Agradecemos que a Deputación atendera a nosa petición e seguiremos traballando a prol da cultura galega”.