Ribadavia activa o Plan de Emerxencias Municipal por sequía

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Ribadavia activa o nivel cero do Plan de Emerxencias Municipal e declarase a situación de alerta por seca. Esta activación á Axencia Galega de Emerxencias, á Delegación da Xunta de Galicia en Ourense e á Xefatura Provincial de Protección Civil.

Debido ao empeoramento da situación do depósito, a pesar dos traballos de subministro e recuperación día e noite, que continuarán, desde a empresa Aqualia recomendan reducir a apertura da rede a unha única franxa horaria ao día.

O consumo de auga ronda os 500.000 litros en cada apertura, o que significa que sae máis auga da que entra.

Establecéronse máis de 25 puntos de reparto de auga en todo o municipio: depósitos fixos na rúa para que os veciños poidan recoller auga. Ao longo do día iranse colocando máis para chegar a máis xente.

O uso da auga destes depósitos é para uso doméstico. Aínda que procede da rede potable non é potable. Comezouse tamén o bombeo de auga dende o río Avia e dende o Miño

A situación é grave e require medidas extraordinarias. Dende o concello queren agradecer a colaboración cidadá e dos concellos de Beade e Carballeda de Avia.

SPORTUR GALICIA 2022