A patronal do sector do metal móstrase unida tras a última reunión negociadora

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 Lamentan a cancelación do Salón do Automóbil, un certame cuxa actividade central nada ten que ver coas negociacións do convenio

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tras a reunión de 9 horas mantida este martes nas dependencias da Xunta a patronal lamenta non poder chegar a un acordo que posibilite a firma do convenio colectivo do sector de siderometal, e que poñería fin á folga.

No transcurso da reunión, os empresarios incluíron entre as súas propostas a actualización de táboas salariais ao termo do convenio ata o 14%. A pesar dos esforzos empresariais, as tres centrais sindicais continuaron nunha postura inflexible solicitando para 2022 un incremento do 6,5% desde xaneiro, moi por encima da media que se está asinando en España que, segundo datos do Ministerio de Traballo, rolda o 2,6%.

As propostas empresariais formuladas na mesa teñen o respaldo de todas as empresas e asociacións incluídas no ámbito de aplicación do convenio, que apoian sen fisuras a proposta trasladada aos sindicatos este martes. Coinciden en sinalar, desde a representación destas asociacións, que as peticións económicas que formulan os tres sindicatos están a imposibilitar a chegada a un acordo, o que a curto prazo vai prexudicar seriamente a empresas e traballadores a través dunha redución de postos de traballo.

Empresarios e empresarias das distintas actividades pertencentes a este sector solidarízanse, ademais, coa organización do Salón do Automóbil e os traballadores dos concesionarios e lamentan, neste sentido, a cancelación deste certame como consecuencia da intimidación e ameazas lanzadas polos sindicatos que a converteron en obxectivo das súas accións en caso de celebrarse.

A patronal considera que os e as traballadoras da actividade de venda dos concesionarios, ao non pertencer ao sector da industria de metal non se verán afectados polo resultado desta negociación en curso, pero si lles prexudica a cancelación desta feira e tachan de ‘ilóxico e carente de sentido’ que os sindicatos ameacen a celebración e provoquen a cancelación dun evento cuxa actividade non entra no ámbito da negociación deste sector.