O Concello de Ribadavia e Ecovidrio instalaron 1 contedor rosa no municipio para promover a reciclaxe de envases de vidro e a prevención do cancro de mama. A alcaldesa de Ribadavia, destaca a importancia de coidar o medio ambiente e sobre todo de blindar a saúde a través da prevención; subliña a necesidade de contar con máis recursos para a investigación, máis persoal en sanidade pública e material para mellorar no ámbito da saúde pública e aumentar así a esperanza de vida das persoas que padecen cancro de mama.
A partir de hoxe e durante as próximas semanas situarase 1 iglú rosa na entrada do mercado de alimentación de Ribadavia.
A alcaldesa destaca que con esta iniciativa, Ecovidrio transformará os envases de vidro depositados nos contedores nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra, estes os beneficios destinaranse a contribuír á prevención e á investigación do cancro.