Ribeiro en Común manifesta que o PP de Ribadavia pretende facer cortinas de fume para ocultar unha nova discriminación da Deputación a Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

NOTA INFORMATIVA DE RIBEIRO EN COMÚN

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esixímoslle a César Fernández que cese na súa discriminación permanente contra Ribadavia, onte mesmo na Xunta de goberno da Deputación deixaba fora a Ribadavia de todos os proxectos reclamados. Esiximos que abandone esa postura de revanchismo e  rancor contra Ribadavia desde a Deputación na que goberna.
Seguimos insistindo que cumpran coa cooperación a que están obrigados como Deputación de toda a provincia que son.

1. A Deputación debe colaborar con todos os concellos da provincia, como o Concello de Ribadavia, que teñen que facer fronte as consecuencias da seca deste ano 2022, e colaborar en gastos tales como o transporte de auga, obras necesarias para subministrar auga, ou semellantes.

2. Así mesmo, solicitamos unha partida suficiente para colaborar na realización do proxecto de Abastecemento e Saneamento núcleos A Groba- As Chabolas, en Ribadavia.

3. Así coma unha subvención nominativa coa Asociación Veciñal de Camporredondo, titular da rede de auga.

Reiterar que César Fernández deixe de intentar distraer a atención da nova discriminación perpetrada contra Ribadavia, xa que onte mesmo na Xunta de goberno da Deputación deixaba fora a Ribadavia de todos os proxectos reclamados a semana pasada.

Seguimos insistindo que cumpran coa cooperación a que están obrigados como Deputación de toda a provincia que son.

– Cooperación con todos os concellos da provincia que padeceron a crise da seca neste verán 2022.
– Cooperación no Proxecto do subministro e saneamento da Groba e As Chabolas.
– Axuda a Asociación de Auga de Camporredondo.