O BNG denuncia o estado calamitoso da OU-0701 ao chegar a Viana do Bolo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, visitou Viana do Bolo para por de manifesto o mal estado da estrada que comunica Vilariño de Conso con Trives, no seu paso por Viana do Bolo.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Curiosamente no km 26, vindo desde Vilariño de Conso ao chegar a Viana o asfalto cambia e desaparece parte da capa de rodadura pasando case a estar nun camiño de cabras”

Varela pon de manifesto que o BNG  levara está situación á Deputación, que é a responsable desta estrada, para que esta vía teña a mesma calidade na capa de rodadura en Viana do Bolo que en Vilariño de Conso. 

 Tal é como manifesta  Secundino Fernárndez, voceiro do BNG de Viana do Bolo, a estrada de Vilariño de Conso a Trives, é unha das principais estradas que comunica varias parroquias de  Viana do Bolo cos concellos veciños  e coa núcleo de Viana pero que se  atopa nun estado calamitoso unha vez que chega a Viana do Bolo. ”É unha estrada na que se ampliou o espazo para que puidera haber maior capacidade de tráfico, pero unha vez feitos os desmontes, nunca se fixo o  asfaltado desa zona”