Exposición en Santiago: ‘A Minerva Compostelá. No seu pasado’ sendo o comisario da mesma o noso veciño José Manuel García Iglesias

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No mes de outubro inaugúrase no Colexio de Fonseca, a exposición ‘A Minerva Compostelá. No seu pasado’, unha mostra que recupera parte da historia da institución a través da representacións artística das figuras que marcaron a súa evolución, dos espazos que seguen, en certo modo, presentes na actualidade e das creacións artísticas que abeiraron ao longo dos tempos.

O acto de inauguración no Salón do Artesoado do Colexio de Fonseca, contou coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias; o comisario da exposición José Manuel García Iglesias; a directora da Biblioteca Universitaria, Mabela Casal Reyes; e a directora do Arquivo Histórico Universitario de Santiago, Désirée Mª Domínguez Pallas. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
Desirée Mª Domínguez, Pilar Murias, Dulce García, Mabela Casal e José Manuel García. Foto: Santi Alvite (El Correo Gallego )

A mostra dá continuidade á precedente ‘A Minerva Compostelá. As súas glorias‘, que se exhibíu no Pazo de Fonseca de outubro de 2021 a xaneiro do presente ano e ambas as dúas proxéctanse como complemento ao Museo Virtual da USC na visibilización do seu patrimonio artístico.

Comisariada polo profesor emérito José Manuel García Iglesias, distribúese no Salón do Artesoado, a Capela e a Sacristía do Colexio e poderá ser visitada ata o 28 de xaneiro de 2023.