A Xunta convocará as axudas para fomentar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas

O conselleiro do Medio Rural, José González, puxo hoxe en valor a próxima convocatoria de máis de 4,4 millóns de euros en axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas.

Uns fondos que servirán para apoiar, de forma efectiva, a presenza dos produtos galegos en feiras nacionais e internacionais e para fomentar ciclos curtos e canles dixitais. González explicou que estes recursos tamén se destinarán a potenciar o labor de promoción dos consellos reguladores e á realización de máis campañas de promoción das producións agroalimentarias.

AVANTAR ACTIVIDADES

A terceira aposta ten que ver co impulso ao enoturismo, no marco da Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas, e contempla como obxectivo “a consolidación de Galicia non só como principal destino enoturístico, senón tamén como referente internacional de viños de calidade”.