Nota informativa do Bng de Castrelo sobre o censo de veciños

COMUNICADO DE PRENSA DO BNG DE CASTRELO DE MIÑO:

AVANTAR ACTIVIDADES

Avelino Pazos, o ilexítimo alcalde que se apropia dos servizos creados polo BNG quere enganar de novo á veciñanza, mentres vai desmantelando os servizos dos que presume.

Avelino Pazos MINTE cando di que a suba do censo é pola labor do boca a boca do grupo de goberno para atraer novos veciños a Castrelo de Miño. Dado que dende que asaltou o goberno de Castrelo, o censo continuou baixando ata o pasado mes de Outubro, que cambiou a tendencia en aras de ter máis votos o PP nas próximas municipais. Dende o BNG xa vimos esta táctica en anteriores comicios municipais, verificándose esas altas e anulando as que eran incorrectas. O que si recoñece o ilexítimo alcalde nas súas declaracións aos medios, é que el e o seu grupo de goberno son os responsábeis desta manobra ilegal.

Avelino Pazos MINTE cando di que moitos dos censados teñen casa en Castrelo de Miño, que lle pregunten porque se censan en casas dos concelleiros, ou de familiares directos dos mesmos, que autorizan a que esas persoas (que nin teñen apelidos parecidos). Cénsanse en vivendas sen que nada teñan que ver con Castrelo de Miño, non sendo, algunha amizade cos do goberno do PP.

Avelino Pazos MINTE cando di que unha persoa empadróase onde lle da a gana. Non, cada un temos que empadroarnos onde vivimos, e teñamos a

documentación oportuna para facelo. Non onde queiramos, e menos en vísperas do peche do censo por unhas eleccións municipais.

Avelino Pazos MENTIU nos argumentos da moción de censura do 2020 dicindo que Castrelo de Miño ía á deriva, cando era un concello referente en servizo públicos á veciñanza. Servizos dos que agora presume (para xustificar o incremento do censo) e que ao mesmo tempo desmantela, como o CastreloBus, a ximnasia para maiores ou a piscina municipal. As actividades extraescolares para os cativos despois das clases NON SON DE BALDE, eran cos gobernos do BNG, do mesmo xeito que ía ser o servizo de madrugadores, posto en marcha pouco antes da moción de censura, e que el mesmo parou cando mercou a alcaldía.

Avelino Pazos MÍNTELLE constantemente aos veciños de Castrelo de Miño, non contento con chegar ao goberno pola porta de atrás, co peor resultado que tivo o PP nunhas eleccións municipais en Castrelo de Miño, mercando dous tránsfugas do PSOE; pretende agora facer burla outra vez da veciñanza do noso concello, metendo no censo xente de Ourense afín ao PP para tentar mellorar ilegalmente o seu resultado electoral, que a día de hoxe sabe que non vai conseguir pola pouca simpatía que lle ten a veciñanza, tras unha nefasta xestión na que só priorizou o desmantelamento de servizos públicos con mentiras e trampas, como a que pretende agora coa manipulación do censo electoral.

En Castrelo de Miño, a 19 de xaneiro de 2023.