O Grupo de Teatro Tiruleque fai públicas as bases para que os grupos poidan inscribirse na 16ª edición da “Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón” nos meses de setembro e outubro.
Cada grupo seleccionado percibirá 550 euros pola súa actuación, e os socios da Federación Galega de Teatro Afeccionado, 800 euros. O Premio Tiruleque outorgarase a criterio da organización ao mellor grupo teatral participante. Consiste na contratación directa do grupo gañador para a futura mostra sen ter necesidade de pasar pola escolma do xurado.
Son requisitos que as obras estean interpretadas en galego, cunha duración mínima de 60 minutos e máxima de 90 e que os grupos sexan afeccionados. A data límite para enviar as inscricións e documentación é o 15 de xuño.