Maxia en Boborás e rock infantil no Irixo, esta fin de semana

IES CHAMOSO LAMAS

O vindeiro sábado 14 de agosto, ás 19.00 horas os pequenos da casa teñen unha cita coa maxia en Laxas, en Boborás. No campo da festa. E o domingo 15 de agosto, ás 19.00 horas, na eira de Vilachá.

O espectáculo “As Aventuras de Marco Polo” será levado a cabo polo mago Le Grand Martín, nunha actividade gratuíta para todos.

OZOCOgz Deseño Galego

O domingo, ás 18:00 horas na praia fluvial do Irixo, rock infantil da man de Pakolas, que ven a presentar a Ramona Órbita, a dona do tempo. Todos os cativos están convidados a pasalo ben, con entrada libre ata completar o aforo.