Os institutos do Carballiño celebran as xornadas pola ciencia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As ciencias poden ser divertidas isto é o que se quere demostrar ca primeira edición das Xornadas pola Ciencia no Carballiño, que se están a desenvolver ao longo desta semana nos institutos e tamén con charlas de carballiñeses ilustres neste eido.

Hoxe achegámonos ata o IES Chamoso Lamas, onde tiveron lugar varias actividades, como a construción dunha cúpula de Leonardo e outros experimentos. Así como tamén realizaron un obradoiro de meteoroloxía na estación ubicada nas súas instalacións. Os experimentos que están a realizar quedan expostos nunha mostra que se pode visitar. Hoxe estivemos con eles.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As Xornadas pola Ciencia do Carballiño arrancarán esta tarde coa intervención da química, investigadora e docente Marga Vázquez González e a charla que leva por título “Camiño hacia unha carreira investigadora. Descubrindo o potencial das nanomaterias”. Será na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas. O Concello e os representantes dos centros educativos uniron esforzos para organizar esta iniciativa, que se desenvolverá durante toda esta semana e rematará o venres cando os estudantes leven os seus experimentos á Praza Maior.

Os programa das Xornadas da Ciencia terá continuidade nos próximos días:

Mañá, 19 de abril. O físico, investigador e Premio Nacional de Meteoroloxía Miguel García Pérez, impartirá a charla titulada “Cuarenta anos de investigación climática no Carballiño”. Casa da Cultura. 20.00 horas.

Xoves, 20 de abril. O cardiólogo, docente e investigador Eduardo Barge ofrecerá a conferencia “A investigación no Servicio Galego de Saúde”.

Para o venres, 21 de abril, organizouse unha Feira Científica na Praza Maior e na que os estudantes do IES Número 1 e do IES Chamoso Lamas realizarán experimentos. Será en horario de 17.30 a 20.30 horas.