Chelo Vispo: “O 28 de maio, Barbadás dará un paso decisivo para volver a ser un concello moderno, dinámico e atractivo”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, no acto de presentación da candidatura coa que o PP de Barbadás concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A candidata popular en Barbadás sinalou na presentación da candidatura, celebrada esta tarde no Parque dos Patos, que “hoxe preséntovos ao mellor equipo, cun gran proxecto para devolver o esplendor ao noso concello: porque nós sabemos como xestionar con decisión e eficacia os problemas que preocupan á veciñanza de Barbadás”

●    “Esta renovada candidatura combina a experiencia coa mocidade. Son persoas con principios, con responsabilidade, transparencia e compromiso, pilares fundamentais para poñerse ao servizo dos nosos veciños”, explicou Chelo Vispo

●    “O 28 de maio, Barbadás dará un paso decisivo para volver a ser un concello moderno, dinámico, atractivo para vivir pero sobre todo adaptado aos tempos actuais”, remarcou Vispo

●    “Este equipo está cheo de ilusión por traballar por Barbadás. Un traballo apoiado nun proxecto con medidas concretas, viables e responsables, e que conformarán a folla de ruta deste equipo para os próximos catro anos”

●    “A partir de agora temos 31 días para que os veciños deste concello se identifiquen co noso proxecto, que é o seu, por riba das cores ou siglas políticas. Porque este é o camiño que queremos consolidar, cun goberno dinámico e útil para o pobo, capaz de gobernar dende o minuto 1 por riba das ideoloxías e centrado no interese xeral do concello de Barbadás”

●    “Está en risco tanto o presente como o futuro de Barbadás: non podemos seguir neste tempo de parálise, inmobilismo e oportunidades perdidas. Apoiar a esta candidatura significa colaborar na apertura, entre todos, dun novo ciclo para este concello”, concluíu Chelo Vispo

Candidatura do PP de Barbadás

1.      María del Consuelo Vispo Seara

2.      Manuel Ángel Fernández Quintas

3.      María Dolores Grande Fernández

4.      Nieves Carril Gómez

5.      José Luis Dorribo Prado

6.      Francisco Ramón Lloves Moure

7.      Roberto Fernández Vila

8.      Rubén Rodríguez Almeida

9.      Mónica Iglesias Feijóo

10.  Lorena Grande Díaz

11.  José Taboada Fariña

12.  María Fe García Fernández

13.  Juan Antonio Díaz Vázquez

14.  Noelia Mayorgas Villar

15.  Manuel Álvarez Fernández

16.  Óscar Felix Moreiras

17.  María Carolina Martínez García

Suplentes

1.  Isabel Otero Pombo

2.  Serafín Fernández Cabanelas

3.  Erika Casas García

4.  Benigno Borrajo Conde

5.  Eva Penín Cachaldora

6.  Jose Manuel Rodríguez Oliveira

7.  Raquel Cougil Martínez