O PSOE de Punxín ofrece a tenencia de alcaldía e concellería de obras a CxG

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Punxín vén de ofrecerlle a Compromiso por Galicia un pacto de goberno para o municipio co fin de mudar ao actual goberno do Partido Popular e ofrecerlle á veciñanza un novo proxecto municipal. As e os socialistas consideran que chegou o momento de que Punxín e a súa veciñanza “teñan o cambio que tanto precisa”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As e os socialistas de Punxín veñen de trasladarlle ao candidato á alcaldía de CxG, Eladio Fernández, un pacto de goberno para os vindeiros 4 anos. O PSdeG-PSOE de Punxín ofrécelles a tenencia de alcaldía, o cumprimento do 80% do seu programa electoral e a concellería de obras.

A candidata socialista á alcaldía de Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, considera que se trata dunha proposta “xusta e completa”, co obxectivo de “acadar un pacto de goberno que nos permita rematar coa parálise e o abandono que vive o noso municipio”. A voceira socialista en funcións agarda “chegar a un acordo con CxG co fin de comezar a traballar por e para Punxín”.