Novas actividades no Centro sociocomunitario do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende O centro sociocomunitario do Carballiño queremos dar conta de que ampliamos moi significativamente a oferta de actividades programadas para este verán onde a maiores das actividades físico deportivas: Ximnasia (2 grupos), Ioga (2 grupos) Pilates e Cachibol, abrimos inscrición, neste caso en colaboración co grupo social ACOLLE, para as seguintes actividades.

TALLER DE CRECEMENTO PERSOAL (autoestima, manexo de emocións, …).Os venres pola mañá , nos meses de xullo e agosto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

GRUPO DE MARCHA NÓRDICA, martes e xoves, meses de xullo e agosto.

CURSO DE INFORMÁTICA E MÓBILES durante os meses de xullo e agosto, os luns pola mañá.

E un taller, moi esperado : COSTURA E ARREGLOS, onde terán a disposición unha máquina de coser por participante así como todo o material preciso. Será todos os mércores do verán ás 10:00.