O BNG esixe no Parlamento galego o remate das obras e a inmediata apertura do espazo acuático do Complexo Deportivo de Monterrei no Concello de Pereiro de Aguiar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación nacionalista solicita a reapertura do Complexo a través dunha Proposición non de Lei presentada no Pazo do Hórreo lembrando que “por segundo ano consecutivo prívase á veciñanza de Ourense dunhas instalacións de lecer altamente demandadas nesta época do ano”

Ourense, 06 de xullo de 2023. A través do deputado por Ourense Iago Tabarés e do Grupo parlamentar do BNG no Pazo do Hórreo, o BNG de Pereiro de Aguiar e o seu Concelleiro neste Concello, Rubén García, veñen de reclamar á Xunta de Galiza unha vez máis a reapertura do Complexo Deportivo de Monterrei, fechado desde hai dous anos para a súa conversión en Parque acuático.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Como ben lembran desde a formación nacionalista na Proposición non de Lei rexistrada, “o 20 de setembro de 2021 a Xunta de Galiza, por medio da Secretaría Xeral para o Deporte daquela directamente dependente da Presidencia do Goberno, formalizou o contrato de obras para a construción da 1ª fase do Parque acuático por un importe de máis de 4,7 millóns de euros, IVE incluído, e cun prazo de execución de 8 meses.

Iago Tabarés denuncia que, “transcorridos máis de 8 meses dende a formalización do contrato, a Xunta, por desencontros coa adxudicataria, anunciou a resolución do mesmo, así como que as piscinas do Complexo de Monterrei ían estar pechadas durante todo o verán”, e engade, “non debemos esquecer que o espazo acuático de Monterrei é o de maior aforo da comarca e por iso o principal lugar de lecer, en época estival, para a cidadanía de Ourense”.

Resolto o contrato, non foi ate o 13 de xaneiro de 2023, 7 meses despois, cando a Xunta de Galiza procedeu á nova adxudicación das obras que ficaban pendentes da construción da 1ª fase. O novo contrato tiña un prazo de execución de 6 meses e un orzamento de 5.676.246,97 € IVE incluído.

O 30 de marzo de 2023 o titular da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as obras manifestando que “o Goberno galego garante que a zona de piscinas e tobogáns estará en funcionamento este verán”, malia que, sen poder concretar a data de apertura das piscinas, xa anticipou que a totalidade das instalacións e edificacións previstas “non poderán ser rematadas no prazo previsto”.

Lembra Tabarés que recentemente, “o Secretario Xeral para o Deporte avanzou non só o incumprimento dos prazos da obra, senón que a cidadanía de Ourense seguirá privada da totalidade do espazo acuático até finais de xullo, e que no mes de agosto esperan poder abrir unha pequena parte do mesmo”.

Por todo o anterior é polo que desde o Grupo parlamentar do BNG esixirán que a Xunta de Galiza realice todas as xestións necesarias a fin de que se proceda á inmediata apertura do espazo acuático do Complexo Deportivo de Monterrei á maior brevidade posible xa que “até o de agora, pola incapacidade de xestión da Xunta e por dous veráns consecutivos, a cidadanía da comarca de Ourense vese privada do desfrute do principal espazo de lecer estival. Unha obra que tiña que estar totalmente rematada en maio de 2022 e que aínda non ten nin data de conclusión, nin de apertura parcial”.