O programa “Vacacións en familia” acadou cifras récord con máis de 12.000 pernoitas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, compareceu esta tarde na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego para facer balance da actividade das Residencias de Tempo Libre da Xunta. Durante a súa comparecencia destacou que o programa Vacacións en familia, que ten lugar durante estes meses de verán nestes centros, acadou cifras récord con máis de 12.000 pernoitas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O director xeral sinalou que este programa é todo un éxito entre as familias que pasan uns días aloxados nunha das dúas residencias da Xunta —en Nigrán e no Carballiño— a prezos moi económicos. Neste sentido, apuntou que este ano o número de persoas participantes incrementouse nun 27% con respecto ao pasado ano. Ademais, na última década nunca se lograra superar esa barreira das 2.000 persoas beneficiadas.

Jacobo Rey afirmou que unha das grandes novidades deste ano é que se ampliaron as quendas ata finais de setembro para que aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos tamén puideran desfrutar destas residencias. Esta actividade foi compaxinada coa celebración de campamentos de verán da Xunta de Galicia, tanto na súa convocatoria ordinaria como para persoas con discapacidade.

Novidades xa consolidadas

O director xeral lembrou que na convocatoria deste ano consolidáronse tamén os cambios xa introducidos na convocatoria de 2021 e 2022. En concreto, mantivéronse as quendas de seis días, máis adaptadas á realidade das familias; déuselle acceso prioritario e un 30% de desconto a familias de especial consideración (numerosas, monoparentais, acolledoras e vítimas de violencia de xénero); e reservouse o 50% para solicitudes de fóra da Comunidade Autónomas, tal e como establece o Real Decreto.