O GES de Ribadavia interven en dous accidentes no concello de Punxín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ás 12:03 o GES de Ribadavia recibeu unha chamada do 112 na cal se lles informaba que había un vehiculo ardendo tras un posterior acidente de tráfico, no concello de Punxin. Concretamente a estrada que une Punxin con San amaro. A OU- -0410 pk 8

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Chegados ao punto, o GES de Ribadavia informou de que só estaba o vehículo volcado sobre un costado sen incendiarse e sen feridos graves.

Logo de sinalizar e de atender ao único ferido que iba no vehículo, o GES de Ribadavia desprazouse ata a OU-541, pk 17’5 ó ter constancia doutro accidente preto dese.

Esta vez cun rescate mais compricado e colaborar cos Bombeiros comarcais do Carballiño.

Tratabase dun vehículo que caera por un terraplen duns 20 metros de altura.

O rescate dos bombeiros coa axuda dos GES de Ribadavia foi laborioso, debido á rugosidade do terreo.

Non hai que lamentar danos persoais mais alá do vehículo, xa que aparentemente a única ocupante do vehículo non estaba atrapada dentro del.