A xunta de goberno da Deputación mobiliza preto de 260.000 euros en axudas para obras e servizos nos municipios

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).

A xunta de goberno, na súa sesión ordinaria desta semana, aprobou mobilizar un total de 260.468,89 euros destinados a axudas para diversas obras e servizos en municipios de toda a provincia. 

Así, o Concello de Baltar percibirá unha achega de 47.500 euros para a adquisición de inmobles para cometidos sociais. Para a actualización do rueiro do Concello de Parada de Sil destináronse 17.000 euros, mentres que para a Mancomunidade de Municipios de Ourense concédenselle 16.000 euros para a execución dunha obra dun muro de contención e actuacións no punto limpo.  

AVANTAR ACTIVIDADES

No que respecta a modificacións de achegas concedidas con anterioridade, aprobáronse varias: no que respecta ao Concello de Leiro, que percibe un montante total de 48.000 euros, acordouse unha baixada do investimento inicial da obra de humanización da praza Barouta, en San Clodio, pasando de 35.000 a 24.000 euros; acordándose tamén o incremento da obra do muro de contención da estrada de Corneira, pasando de 13.000 a 24.000 euros. Tamén se lle conceden 47.968,89 euros ao Concello de Chandrexa de Queixa para a mellora das instalacións de abastecemento de Za-Celeiros. Do mesmo xeito, o Concello da Peroxa percibirá 30.000 euros para o asfaltado do campo da festa de Graíces. Estes dous municipios solicitaron modificación das condicións para contratar senllas obras, cuxos importes xa foran aprobados con anterioridade, polo que a aprobación de hoxe foi precisamente o deses cambios da forma de contratación. 

Tamén foi aprobada unha modificación solicitada polo Concello de Maceda, substituíndo a obra de asfaltado de camiños en Santiso por outra consistente no acondicionamento de camiños entre Parada e Xinzo da Costa, cun orzamento idéntico de 48.000 euros. 

Por último, a xunta de goberno provincial aprobou a concesión dunha achega de 6.000 euros á Sociedad Artística La Troya para gastos de funcionamento desta entidade do barrio da Ponte, na cidade de Ourense.