A Ruta das Tapas volve este outono con formato renovado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Volve a Ruta das Tapas ao Carballiño este outono, cun formato renovado. Onte presentouse a iniciativa, que dará comezo este venres e continuará os días 8 e 15 de decembro. O alcalde animou a todos a participar no que xa é un evento consolidado e atractivo.

Neste novo formato participan sete locais. As persoas que consigan degustar as sete tapas en cada unha das rutas, unha por cada estación do ano, entrarán no sorteo dun premio. O custo de cada tapa será de tres euros e poderán desfrutarse en horario de 20:00 horas a 23:00 horas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO