Publicase hoxe no BOP
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase
o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/728651)
Primeira. Obxecto e finalidade da convocatoria
As presentes bases teñen por obxecto a regulación, tomando
como marco legal a Ordenanza xeral reguladora das subvencións do Concello do Carballiño que se rexe ao mesmo tempo
pola Lei xeral de subvencións 38/2003, do 17 de novembro, e
as Bases de execución do Orzamento do Concello do Carballiño,
para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das
axudas para adquisición de libros de texto e material escolar,
destinadas ás familias con menor poder adquisitivo do Concello
do Carballiño que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados do Concello do Carballiño.
Segunda. Beneficiarios/as
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño e nas que:
- Todos os membros da unidade de convivencia estean empadroados no concello do Carballiño con seis meses de antigüidade, como mínimo.
- Os/as solicitantes que estean matriculados en educación
infantil (3, 4 e 5 anos) e educación primaria e secundaria nun
centro educativo do Concello do Carballiño.
No caso de cambiarse a un centro educativo doutro concello
(despois de solicitar a axuda, non terá dereito a percibila. - Non superen os 9.000 € de renda per cápita anual (9.000
euros por membro da unidade familiar). Cando se presente a
declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no
exercicio fiscal 2022, sumaranse a base impoñible xeral e a
base impoñible do aforro e dividirase entre os membros da unidade de convivencia. De non estar obrigado/a a presentar a
declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos
tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración
Tributaria e os restantes ingresos declarados conforme a documentación que teñen que achegar segundo a base 6ª. Para
efectos destas bases, considérase que forman a unidade familiar de convivencia o conxunto de persoas que convivan no
mesmo marco físico, e que se atopen vinculadas co/a solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación análoga
de afectividade, por adopción, acollemento ou parentesco de
consanguinidade ata o cuarto grao, ou de afinidade ata o
segundo grao. Malia o anterior, cando nunha mesma unidade de
convivencia existan unha ou máis unidades familiares con
menores ao seu cargo, considérase que cada unha delas constitúen unha unidade familiar independente. En todo caso, a unidade de convivencia deberá estar formada por todos os membros que aparecen no libro de familia, salvo casos debidamente
xustificados.
Nos casos de separación ou divorcio, considerarase o pai ou a
nai que teña a custodia dos/as menores por sentenza xudicial.
No caso de custodia compartida, considerarase a ambos os
proxenitores.
Nos casos de violencia de xénero, non se terán en conta os
ingresos do agresor para determinar a renda per cápita familiar.
As familias monoparentais deberán presentar o certificado
que acredite esta condición.
Terceira. Crédito - O importe total asignado no Orzamento municipal que se
destina é de 50.000 euros, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 326.00/48001, consignada no Orzamento
municipal do 2023. - Sen prexuízo do establecido no artigo anterior, prevese a
posibilidade de ampliar o crédito nas circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto
11/2009, do 8 de xaneiro.
A ampliación de crédito queda condicionada á declaración de
dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
O órgano concedente publicará a ampliación de crédito no
mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade
implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes
nin o inicio de novo computo de prazo para resolver. - As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda
que puider percibirse coa mesma finalidade doutras administracións públicas ou privadas; non poderá superar a suma das
axudas o importe do gasto total. - A contía máxima das axudas distribuirase segundo os
seguintes criterios:
- Educación infantil:
- ata 7000 euros de renda per cápita: 120 €
- de 7001 ata 9000 euros de renda per cápita: 100 €
- Educación primaria e secundaria:
- ata 7000 euros de renda per cápita: 60 €
- de 7001 ata 9000 euros de renda per cápita: 50 €
Sexta. Presentación de solicitudes, prazo e documentación
1 As familias que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no modelo normalizado (que se
lles facilitará no propio concello) no prazo de quince días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación do
extracto da presente convocatoria no BOP (tras a comunicación
efectuada para o efecto pola BDNS), no Rexistro municipal do
Concello do Carballiño ou de calquera outro xeito dos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e na Lei 40/2015, do
1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
O Carballiño, 21 de novembro de 2023. O alcalde.
Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro