A Xunta destaca a importancia de habilitar de combater a soidade non desexada entre persoas maiores co programa “Xuntos polo Nadal”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca a importancia de habilitar ferramentas para loitar contra a soidade non desexada, especialmente entre as persoas maiores. Estas declaracións fíxoas nunha visita a persoas maiores da residencia Tempo Libre Panxón (Nigrán) que están a pasar estas vacacións no centro grazas ao programa Xuntos polo Nadal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Trátase dunha iniciativa que permite que este ano 300 persoas maiores de 60 anos que viven soas poidan vivir o Nadal en compañía, facendo actividades de lecer e recibindo os coidados necesarios nas residencias de Tempo Libre O Carballiño e Panxón (Nigrán). Os usuarios poderán gozar dunha estancia de 15 días con pensión completa gratuíta neste centro e participar en diferentes actividades como baile, ximnasia, obradoiros de novas tecnoloxías ou excursións.

Rueda, que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, lembrou que Galicia conta con máis de 130.000 persoas maiores de 65 anos que viven soas, unha situación que non sempre é por elección. Por iso, como se dixo, programas como este fomentan o envellecemento activo ao tempo que permiten aos usuarios gozar destas datas en compañía doutros.

Neste sentido, tamén agradeceu o traballo dos traballadores e voluntarios que acoden nestas datas ás residencias de tempo libre da Xunta para que os maiores se sintan como na casa e como en familia.