A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Morreu Xavier Sierra i Valentí (Girona 1952),un médico prestixioso na súa especialidade, a dermatoloxía. Deixounos unha ampla bibliografía que acredita os seus merecementos de médico de grandes coñecementos científicos. Amais disto,  foi un meritorio humanista como se pode observa lendo as achegas do seu blog “Un dermatólogo en el museo” que acadou 2.651.562 visualizacións.

Era un erudito coñecedor da arte pictórica universal da que fixo orixinais  interpretacións descubrindo nos retratos dos grandes pintores as afeccións dermatolóxicas dos seus protagonistas. Reparemos algunhas súas desdcricións. No “Retrato de familia” de Giacomo Bassano observou no personaxe central carcinomas basocelulares ou basiliomas. Noutro, de Sorolla,  diagnosticoulle ao retratado unha importante rosácea que motivaba unha eritema. No “El viejo pescador” de Picasso, Xavier Sierra detecta a presenza de queratose actinicas. En “María, la gallega”, de Velázquez, unha cuperose facial, reveladora dunha rosácea incipiente”. Atopo en García Sabell idéntica orixinalidade no ensaio “Van Gogh e a dimensión antropolóxica da pintura contemporánea”.

Durante moitos anos envioume as sucesivas achegas que ia publicando no seu blog.  Nunha ocasión propuxéralle que incluíse nos seus estudos os retratos dos grandes pintores da pintura galega, (Castelao, Fernando Álvarez de Sotomayor…) onde podemos observar con gran realismo as peculiaridades dos rostros pintados.

Coñecino un día, hai ben anos, no Pazo dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia). Viñera a pé feito para participar na entrega dos Premios Bacelo de Prata é etiquetaxe en lingua galega, convocados pola Asociación Álvaro das Casas, que tanto interese lle suscitaran. Aquel día falamos moito coincidindo en moitos diagnósticos sobre a pluralidade cultural da península ibérica e os  acontecementos políticos que se daban nela. Fixemos moita amizade que mantivemos durante moitos anos ata pouco antes do seu falecemento.

Que interese ten para os galegos, e nomeadamente para os profesionais da sanidade galega Xavier Sierra i Valentí?.Velaquí algunhas das nosas conversas que teño nos intercambios epistolares a través do Facebook, que definen a súa personalidade: “A miñá muller é galega e grazas a ela galeguiceime. Mercedes fala o catalán decotio; fálao sempre. Dílles a todos que non lle falen castelán; que falen galego ou catalán. Falamos en catalán en Catalunya e en Galicia galego. O meu pai era galego, de O Vicedo (Lugo) e aprendeume moitas cousas de Galicia: historia, lendas e tradicións populares. Gústame o galego e lin moitos libros en galego. Son nacionalista catalá e polo tanto galeguista”.

Xavier Sierra e Valentí é autor dun libro escrito en catalán de 174 páxinas titulado “Lírica Galaicoportuguesa Medieval”. En Catalunya ditou conferencias en galego sobre os nosos grandes escritores. Mesmo traducíu ao catalán poemas dalgúns poetas galegos.

“Como estiven indo a Galicia cada quince días durante dez anos, tiven moitas oportunidades para enchouparme da lingua e a cultura galegas. Cando ía a Vigo ( a súa muller exercía a medicina na sanidade pública) e viaxabamos no barco dun amigo cantabamos. Eu xa sabía a letra de todos os cantares galegos”. Tiven a oportunidade de comprobalo aquel día no xantar que seguíu á entrega dos Premios Bacelos de Prata.

Xavier Sierra foi independentista catalán. Aínda así era tolerante cos que tiñan posicionamentos políticos antagónicos. “Se alguén me aporta un argumento (un só) polo que os cataláns teriamos máis avantaxes sendo españois, estou disposto a cambiar de bando”. Algo que lle parecía imposible. Nunha conversa dixerame: “Líches o que dixo Sarkozy, o presidente francés?, preguntoume. Dixo que se Catalunya é independente vai provocar unha onda de independencias en Europa, e vaise converter en pequenas nacións que van reactivar a economía e o progreso, porque agora Europa está présa dos estados ineficaces. Que Catalunya vai ser independente sábeo todo mundo.Tamén en Madrid”.

Coñecia a actitude da clerecía galega, que   era distinta da de Catalunya, identificada de vello cos valores identitarios do país. “Sabes o que pasou o 1º de outubro en Vilarrodona, un pobo de Tarragona? O escrutinio fíxose durante a misa co beneprácito do crego que artellou todo para que a Garda Civil non mallase a ninguén”.

O día 25 de xullo pasado recibín a súa derradeira  mensaxe: Bó Día da Patria Galega.Viva Galicia Ceibe!

Fóisenos Xavier Sierra. Catalunya perdeu un científico e un catalanista activo. Galicia un gran admirador de noso e solidario coa nosa causa. Eu un amigo a quen tanto admirei.

* Xosé González Martínez. Presidente do Foro E. Peinador.


Curriculum de Xosé González Martínez

Dende 1979 foi funcionario da administración local, primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos no Servizo de Normalización Lingüística do concello, e despois na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo onde foi director do Servizo de Normalización Lingüística.

Foi director da Revista de Administración Galega, subdirector da revista Lingua e Dereito que edita a Universidade de Vigo. É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Foi un dos creadores do Premio Blanco Amor. É impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo (sendo o actual Presidente), e presidente do Foro Enrique Peinador. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal. Foi o tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.


Outros ártigos de Xosé González

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”