A Deputación mobiliza 176.000 en axudas para entidades e actividades culturais e asistenciais da provincia de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A xunta de goberno da Deputación Provincial, na súa reunión ordinaria semanal que tivo lugar esta mañá, aprobou mobilizar un total de 176.000 euros destinado a axudas para entidades e actividades culturais da provincia, así como para Cruz Vermella Ourense, cunha achega de 30.000 euros destinada a gastos de funcionamento e actividades desta entidade asistencial.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O resto de axudas aprobadas esta mañá foron destinadas ao Concello de Xinzo de Limia para a Festa do Esquecemento (13.000 euros) e ao Concello de Rairiz de Veiga para a celebración da Romaría da Saínza (16.000 euros). No que respecta a achegas para gastos de funcionamento de diferentes entidades culturais, á Asociación Musical de Trasmiras concédenselle 17.000 euros; á Real Academia Galega  a axuda será de 25.000 euros; a Fundación Otero Pedrayo percibirá unha achega de 35.000 euros; á Agrupación Coral de Ruada destínanse 26.000 euros; e finalmente, para a Fundación Vicente Risco a axuda será de 14.000 euros.