O Carballiño volverá a ser o epicentro do mundo do motor unha fin de semana máis. Neste caso será a 14ª edición do Rallye do Lacón Históricos, organizado por Clásicos Arenteiro. Contará con participantes das catro provincias galegas, que farán un percorrido de máis de 200 quilómetros por oito concellos da contorna. Sairán dende o Parque da Veracruz, onde tamén estarán estacionados para os que queiran desfrutar deles. Este ano contan con 69 inscritos, duplicando as cifras do pasado ano e os vehículos máis novos que se poderán ver son dos anos 80.
A concelleira de deportes, Silvia Baranda, agradeceu de novo que conten co Carballiño para un evento deste tipo, que ademais de contar cunha gran participación de vehículos tamén enche a vila de visitantes e asegurou que contarán co seu apoio.