O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a proxección do documental “¡Clic! Artesanía de la casualidad”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolleu esta tarde a presentación e proxección do documental “¡Clic! Artesanía de la casualidad” do fotógrafo e antropólogo Miguel Ángel López sobre a evolución do traballo dos fotógrafos de prensa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, asistiu hoxe á proxección deste traballo audiovisual que aborda o valor da fotografía como documento da transformación do espazo urbano, a importancia da súa catalogación e conservación, e invita a reflexionar sobre a evolución do labor do fotógrafo de prensa, un oficio en actual transformación.

A mudanza do tradicional comercio de Foto Villar, que abandona a súa ubicación na rúa do Paseo tras ser o espazo de traballo de tres xeracións de fotógrafos para dar paso a vivendas de luxo trala súa demolición, serve como metáfora narrativa da profesión do fotógrafo de prensa. Este oficio centenario que se reinventa aos cambios actuais, reconstruíndo os seus cimentos e rexurdindo ante os novos desafíos que a sociedade contemporánea e os novos medios demandan. 

O documental “¡Clic! Artesanía de la casualidad” poderá visionarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o vindeiro 31 de marzo.