O Carballiño fai irmandade cunha cidade italiana coa que comparten paixón polo pulpo

A Festa do Pulpo traspasa fronteiras e por iso foi declarada de Interese Turístico Internacional o pasado ano 2022. Así, dentro desta internacionalización, O Carballiño está traballando nun convenio de irmanamento coa localidade de Noventa Padovana, unha pequena cidade italiana de aproximadamente 10.000 habitantes, que está estratexicamente situada a 35 quilómetros de Venecia. Foron os italianos os que se puxeron en contacto co Concello do Carballiño e así estableceuse a comunicación entre Davide Lafelice, concelleiro de Comercio e Feiras.

Noventa Padovana tamén celebra todos os anos, na segunda semana de outubro, a Feira do Polpo, unha festa con gran afluencia de público, atraccións, concertos e unha variada oferta gastronómica na que o polbo é o prato. Aínda que compartimos un produto típico, a forma de traballar con el e preparalo e moi diferente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os italianos víronse atraídos pola festa e sobre todo pola tapa de polbo máis grande do mundo, confirmando a asistencia dunha representación da Comuna na vindeira edición.

Para O Carballiño, ter o carácter internacional é un orgullo. Pero o traballo e irmandades coma esta son moi importantes para a axudar a mantelo. Este será un paso más para incidir na súa repercusión mediática.