A ANPA INFORMA E FAI PÚBLICO AS PREGUNTAS QUE LLE TRASLADARON A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN ,SILVIA BARANDA, SOBRE A PLANIFICACIÓN DO CURSO 2024-2025 E DESPOIS DE QUE O CONCELLO FIXERA PÚBLICO ESTA SEMANA QUE PARA O CURSO VINDEIRO SE IMPLANTARÍA “O CRITERIO DE EMPADRONAMENTO” NO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO O CONSERVATORIO
Os Pais /Nais dos alumnos aspirantes a entrar no conservatorio para o curso vindeiro solicitan información. As familias necesitan información para planificar o curso que ven. ¿Cal é o procedemento para matricularse no Conservatorio?¿Que vai a pasar cos alumnos aspirantes a matricularse que non están empadronados no Carballiño?
¿Como se regulará a admisión do alumnado no conservatorio e escola de música para o vindeiro curso?
A Anpa non recibiu información que foi solicitada reiteradamente ao consello escolar. Non existe información pública sobre os procedementos e criterios de acceso para o alumnado aspirante a praza no conservatorio e escola de música para o curso 2024-2025.
Dende a Anpa solicitamos que o curso 2024-2025 se planifique de forma eficiente, transparente e responsable. Solicitamos que non se repita a falta de información, previsión e planificación que houbo o ano pasado na que non se puido resolver a demanda de matrícula . Solicitamos que se garanta o acceso á educación musical en condicións de igualdade e nun contexto transparente .
Solicitamos que as xestións, criterios e trámites que se levarán a cabo relacionados coa admisión e selección do alumnado se publiquen de forma transparente e amplamente difundida nas canles e taboleiros informativos do centro.
Agradecemos que os responsables da Área de Educación do Concello de O Carballiño informen á ANPA e a tódolos Pais/Nais e alumnos aspirantes sobre:
¿Como se xestionará e cales serán os criterios de admisión do alumnado que ingrese por primeira vez no centro?
¿Como se vai regular o criterio de empadronamento ? ¿Vai afectar “o novo criterio de empadronamento” os alumnos que están cursando no centro ?
Como se regularán os criterios de selección e inscrición dos aspirantes a entrar ?
¿Cal será a oferta educativa? Calendario e prazos de reservas, admisionado, exames de ingreso , matriculas….?Cando se vai contratar o especialista en linguaxe musical?
Que prazas/ vacantes se ofertarán para cada unha das especialidades de instrumentos, tanto no CMUS como no ESMU?