A área de migracións recibiu queixas nos últimos días de emigrantes retornados ao ser requiridos pola facenda alemá para abonar os impostos pendentes desde o ano 2017

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O organismo oficial alemán detectou que “eran perceptores de pensións alemás dese ano e non abonaran o chamado imposto do 5% para o período 2017-2022”

“As cantidades requiridas pola Facenda alemá oscilan entre os 900 a 4300 euros”, explica Gulín, que tamén apunta que “nalgúns casos son recuperables parcialmente en España só para os anos fiscais 2020-2022 ó saírlle á maioría dos afectados a declaración da renda a pagar”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Ourense informa que nos últimos días a secretaría provincial de migracións recibiu queixas de emigrantes retornados ao ser requiridos pola facenda dese país para abonar os impostos pendentes desde o ano 2017. Segundo informan desde a área de migracións, o organismo oficial alemán detectou que “eran perceptores de pensións alemás dese ano e non abonaran o chamado imposto do 5% para o período 2017-2022”.

Cabe sinalar que o convenio entre España e Alemaña establece claramente que os que perciban por primeira vez desde o ano 2015 unha pensión alemá, residindo fiscalmente en España, teñen a obrigación de darse de alta ante a Axencia Tributaria xermana (Finanzamt Neubrandenburg), independente da nacionalidade que teñan. Este paso acurta os prazos de prescrición en 4 anos, a omisión do mesmo elévao a 7 anos.

Os casos analizados polo secretario provincial de migracións, Luís Gulín Iglesias, son case todas pensións de viuvez e unha xubilación normal. Algunhas delas acompañadas cunha segunda pensión de viuvez procedente do plan de pensións da empresa onde traballaba a persoa falecida. “As cantidades requiridas pola Facenda xermana oscilan entre os 900 a 4300 euros”, explica Gulín, que tamén apunta que “nalgúns casos son recuperables parcialmente en España só para os anos fiscais 2020 – 2022 ao saírlle á maioría dos afectados a declaración da renda para pagar”. Neste senso o responsable de migracións do PSOE ourensán subliña que para os anos 2017 – 2019 “non se pode facer rectificación da declaración da renda española ao estar prescritos os dereitos correspondentes”.

Por ese motivo, nas sesións informativas, que realiza a secretaría de migracións estas semanas ao longo da provincia, vén insistindo en darse de alta na Facenda alemá ao primeiro momento de ter dereito a unha prestación alemá. Luís Gulín indica que o caso máis “extremo” produciuse o ano pasado cun retornado galego residente en Castela a Mancha, ao cal a Facenda alemá requiriulle para o período 2016 – 2021 uns 11.000 euros ao ser perceptor de tres pensións alemás.

A secretaría provincial de migracións do PSdG-PSOE de Ourense dispón dos documentos necesarios para darse de alta ante a facenda alemá para todos aqueles que o precisen e evitar así desgustos innecesarios. A próxima sesión informativa será o sábado 20 de abril en Lobios ás 12 da mañá no local da banda de música do municipio, situado na Estrada de Portugal.