Ribeiro en Común reclama que se liberen parcelas privadas do Polígono Industrial.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Pide que se deixe de afirmar por parte do PP que se vai ampliar o polígono, creando unha expectativa falsa, xa que estes terreos están na súa maioría en zona inundable.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribeiro en Común advirte que a forma máis fácil, económica, real e rápida é liberando parcelas xa existentes que están bloqueadas por propietarios privados. Algo que só pode facer a Xunta, que leva moitos anos negándose a liberalas.

Ribadavia a 3 de xuño de 2024.

Despois do Pleno desta semana, 30 de maio 2024, cando o noso grupo reprochou a inacción do goberno neste ano de lexislatura, a resposta do goberno local foi enviar unha nota de prensa na que volve anunciar que se vai ampliar o Polígono de Ribadavia.

Non é algo novo, o mesmo xa fixera fai 4 anos, no mes de xuño do ano 2020, cando tamén era alcalde César Fernández, anunciando un Convenio coa Xunta que o tempo demostrou era falso, tal e como xa denunciara o noso grupo.

Ribeiro en Común volve esixir que se deixe de mentir por parte do goberno do PP, xa que a maioría dos terreos destinados a ampliación do Polígono atópanse en zona inundable (Fase 3), polo tanto afirmar que se vai ampliar é mentirlle a cidadanía.

– Desbloquear parcelas xa urbanizadas que están en mans privadas.

Ribeiro en Común reclama, unha vez máis, que a XUNTA (propietaria do polígono) desbloquee os terreos industriais que xa existen na fase 1 do Polígono e que levan décadas bloqueados polos seus propietarios.

O noso grupo xa solicitara este desbloqueo no Parlamento Galego en 2016 e 2019, ao igual que o fixo desde o concello na pasada lexislatura, 2021-22, sen que a Xunta do PP accedera a esta petición.

O cinismo do PP é total neste asunto, levan anos anunciando a ampliación dunha Fase 3 que eles saben non é real, ao mesmo tempo que permiten que estes terreos xa industrializados continúen en esta situación de bloqueo, quizais a causa sexa que algún propietario destas parcelas está precisamente ligado a este mesmo partido.

Pedímoslle ao PP que deixe de permitir que estes terreos continúen parados, xa levan desde a inauguración do Polígono fai décadas sen destinar ao seu uso, a pesar de que foron construídos con diñeiro público.

A Xunta debe poñer fin a esta situación, pois Ribadavia precisa urxentemente ter solo industrial, e a día de hoxe a forma más tanxible e realistas de telo é a través da liberación destas parcelas.