O PP veta no Parlamento a petición do BNG dun informe a Competencia sobre as consecuencias para o SERGAS da absorción do Centro Médico El Carmen e do Hospital COSAGA

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Noa Presas recorda que o Consello de Contas “advertiu xa antes da compra dos hospitais do Carmen e COSAGA dos riscos de oligopolio e de que non hai soportes contractuais nas derivacións á privada”. O BNG advirte de que pode haber suba de prezos e prácticas de monopolio e lamenta que o PP “diga non a Ourense, non á sanidade pública e non ao Consello de Contas”

 A deputada nacionalista por Ourense, Noa Presas, defendeu hoxe no Parlamento Galego que a Cámara pedise, como xa fixera antes con ocasión doutros riscos de monopolio, un informe á Comisión Galega da Competencia para avaliar a situación na que queda o SERGAS e a sanidade pública de Ourense unha vez que o Grupo Recoletas acaparou a maioría dos centros sanitarios privados aos que se derivan pacientes da pública, o Centro Médico El Carmen e o Hospital COSAGA así como Cendisa e Scanner Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Presas lembrou que, “hai un mes coñecíamos un informe do Consello de Contas que era previo a esta operación e que xa advertía que no Estado hai un proceso de concentración da sanidade privada en grupos empresariais máis grandes. Isto pode colidir coa competencia e pode subir os prezos e ter consecuencias no ámbito laboral e de prestación de servizos”.

No caso de Ourense, “o Consello de Contas recolle que aumentou a derivación á privada e que se depende altamente destes dous centros, ademais a maioría das derivacións careceron de soporte contractual, algunhas desde hai máis de 20 anos. Contratos de dubidosa vixencia e prolongados, textualmente, de xeito espúreo. Hai unha subversión da legalidade vixente ao usar figuras de autorización temporal de uso para fins distintos dos planificados así como abuso das adxudicacións directas sen procesos de concorrencia e publicidade.”

O Informe de fiscalización da asistencia sanitaria con medios alleos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, determina que Ourense é a Área de Galiza na que máis aumentou e máis peso ten a derivación á privada, cun peso do 20%, que cada vez se fan máis intervencións de cirurxía menor en centros privados e que o número de pacientes derivados á privada aumentou un 36%, con aumentos en todas as especialidades. Pese a iso, “acabamos de coñecer os datos de lista de agarda e Ourense volve ser a Área sanitaria coas peores listas de agarda de Galiza e o Hospital da cidade, o peor con diferenza. Se a media galega é de 73,4 días, Ourense está nos 141,2, é dicir, o dobre.

Proposta vetada pese aos precedentes de consenso noutras Áreas.

A proposta vetada polo Partido Popular pedía demandar da Comisión Galega da Competencia un estudo sobre o impacto na sanidade pública galega do proceso de concentración dos centros sanitarios privados de Ourense, analizando a situación e o grao de competencia e recomendando as medidas que deba adoptar a Administración galega ao tempo que se solicitaba a súa remisión ao Parlamento galego “tal e como se fixo hai uns anos cun Informe solicitado sobre a concentración bancaria que tamén propuxera o BNG e que sí apoiara o Partido Popular”.