Nota de prensa da Anpa sobre as probas de acceso ao Conservatorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

SOBRE AS PROBAS DE ACCESO AO CONSERVATORIO DO CARBALLIÑO 2024

A publicidade e as publicacións, en todos os procesos selectivos públicos, configúranse como condición necesaria para garantir o respecto aos principios de igualdade, mérito e capacidade .

Corresponde á ANPA, á xunta directiva do Cmus e á presidencia do tribunal da proba de acceso ao conservatorio garantir que todo o proceso se desenvolva con transparencia e coa máxima información: publicación das listas de inscritos de cada familia de instrumentos, lista de aprobados e asignación de prazas e lista de agarda para vacantes sobrevenidas. Ademais, as listas deberán encriptar  os datos de cada participante para respectar a protección de datos. Esta información e transparencia é un dereito de todos os solicitantes de praza e un dereito do colectivo e da comunidade educativa do noso conservatorio público.

O venres 14 de xuño rematou o prazo de inscrición para as probas de acceso e, a dous días do examen, as listas de admitidos/inscritos aínda non están publicadas na plataforma web do conservatorio nin nos taboleiros físicos do centro.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Solicitamos que os responsables do proceso de acceso ao conservatorio realicen as publicacións nas plataformas virtuais e físicas do conservatorio.

A ANPA solicita información, transparencia  e participación pública no proceso.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------