Documento conxunto das alcaldesas do PP de Ourense que levaron ao Parlamento Europeo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

PROPOSTAS ALCALDESAS DA PROVINCIA DE OURENSE (ESPAÑA)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

FONDOS EUROPEOS

Reparto directo e equitativo de Fondos Europeos ás entidades locais, baseado en criterios de poboación, índice de envellecemento, dispersión xeográfica, capacidade económica, para que efectivamente cheguen ós municipios, que prácticamente non están recibindo fondos debido a dificultades de tramitación dos mesmos, e pola falta de adaptabilidade ás necesidades reais. Neste sentido, solicitar unha flexibilización e axilización dos trámites de solicitude e xustificación, e un pago anticipado para evitar as descompensación na tesourería municipal, que lastra o pagamento e a inversión noutras áreas.

MEDIO AMBIENTE, ABASTECEMENTO E SANEAMENTO

Posta en valor dos ríos, cunha necesaria limpeza dos cauces, como medida de sostenibilidade medioambiental, co seu saneamento para unha mellora ademáis da fauna e flora deses espazos.
Axudas para a depuración das augas, coa construcción de depuradoras, fosas e mellora da rede de saneamento en xeral, cunha finalidade medioambiental e sanitaria.
Subvencións para a construcción de grandes depósitos de auga, entre varios concellos e mesmo a nivel comarcal, cun plan que nos anticipe ós futuros anos de seca.
Subvención para a mellora da rede de abastecemento, que en xeral é moi antiga, o que supón un risco tanto para a saúde así como a perda de auga, un ben escaso e limitado.

Control de especies depredadoras a través do control real das poboacións e o aumento das indemnizacións por danos. É crucial abordar de maneira proactiva as estratexias pra adaptarse os estándares de sostenibilidade a curto e longo prazo. A integración de medidas de control de depredadores como o lobo dentro das esixencias da PAC, poden axudar a protexer aos gandeiros mentras se conserva a biodiversidade.

RETO DEMOGRÁFICO

Subvencións para programas de inserción laboral no rural, co fin do asentamento poboacional nunha das provincias con máis despoboamento de España.

Subvencións para a construcción de vivendas accesibles no rural, así como programas de rehabilitación para a adquisición de vivendas xa construídas e a súa reforma para dunha banda asentar poboación e eliminar ruinas e espazos degrados nos nosos núcleos.

SERVIZOS SOCIAIS

Finanzamento para a construcción de residencias de maiores no rural, nun novo modelo máis familiar e vinculado coa natureza así como vivendas comunitarias para as persoas válidas, para que non abandonen o rural, marchando para ámbitos urbanos.

MOBILIDADE

Fomento de transporte colectivo, con vehículos de uso común.

TELECOMUNICACIÓNS

Subvencións para a chegada de conexión de internet de calidade a todos os núcleos rurais da provincia de Ourense.
Mellora da cobertura de telefonía móvil en todo o territorio, así como a mellora das antenas de televisión para que non haxa discriminación nestes ámbitos, por vivir nunha zona ou outra, e favoreza o asentamento de poboción e de empresas.

Novas convocatorias de subvención, en modalidade de Fondo perdido, é o 100% para a mellora da eficiencia enerxética tanto para edificios públicos como no alumeado público.

PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Subvencións para a contratación de brigadas de incendios para todo o ano, para poder incidir na prevención dos lunes, nunha das provincias máis castigadas de España por esta problemática.

É preciso un plan de recuperación de infraestruturas en zonas de montaña que permita a loita integrada contra os lumes combinando o pastoreo coa loita moderna contra os incendios forestais. Por elo a apertura de pistas que permitan un acceso rápido as zonas tanto para o coidado do gando como para os servizos de extinción, así como a implantación dunha basta rede de puntos de auga que permita o abastecemento das cabanas gandeiras e á vez dos servicios de incendios é fundamental.

SECTOR PRIMARIO

Instalación e ampliación de sistema de regadíos para modernización e mellora da competitividade da agricultura.

Partindo da base de que os desafios más apremiantes dependen de factores económicos, climáticos e normativos, o MACIZO CENTRAL OURENSÁ debera de considerarse unha área crítica que require de
atención inmedita, e cando menos analizar de unha maneira integral
os problemas actuales a os que se enfrenta o sector agro-gandeiro. A necesidade de exploración de posibles iniciativas e proxectos para impulsar a sostenibilidade na producción agro-gandeira integrando novas tecnoloxías con practicas

CULTURA

Aposta por programas culturais e de investigación para a pervivencia e conservación da memoria e tradición, así como o fomento do entroido ourensán.

INFRAESTRUTURAS VIARIAS

Subvencións para o mantemento e construcción de novos viais nos municipios.

Subvencións para o remate de proxectos en estradas nacionais e construcción de novas vías de alta capacidade, que conecten Ourense con Pontevedra, e a comarca da Baixa Limia con Portugal, como é o caso da continuidade da autovía de Celanova con a
Madalena. Ao igual que a autovía a Lugo, e a mellora urxente de conexión entre a cidade de Ourense e a comarca de Valdeorras.

Subvencións para construcción de beirarrúas e sendas peonís, para garantir a seguridade dos viandantes.

ACORDOS INTERNACIONAIS

Habilitar unha compensación para os municipios de Lobios e Entrimo, que a pesar de contar co embalse de Lindoso, este tributa só en Portugal.

TERMALISMO

Subvencións para a construcción e mellora de balnerarios e espazos termais, para aproveitar económicamente este recurso singular da nosa provincia.

POLITICAS DA PAC

Débese ter en conta que a presión gandeira sobre espazos protexidos é na maioría dos casos concentrada en certas partes dos mesmos que, con frecuencia, é onde se levan a cabo a maioría das actuacións (rozas, pasteiros, tránsito de vehículos,…) sen que esta actividade afecte no mesmo grao ó conxunto do espazo. É dicir que,
por exemplo, nun espazo de 5000,00 ha a presión sobre o espazo
pode atoparse en 500,00 ha repartidas en varios puntos de superficie menor. É por tanto necesario que nos documentos de xestión dos espazos protexidos se recollan de xeito específico áreas de interese gandeiro nas que as actividades ligadas a esta actividade se atopen permitidas e sen necesidades de trámites burocráticos excesivos. 2. – Ligado co anterior a elaboración dos Plans Directores de Rede Natura supón para a gandería tradicional un documento no que só se menciona de xeito nominativo xa que se ben se considera unha actividade tradicional do espazo consentida isto estase a considerar dun xeito teórico pois a práctica indica que as actividades complementarias necesarias para o desenvolvemento destas actividade vense limitadas. Estamos a falar de actividades como: As queimas prescritas: necesarias para rexenerar pasto en zonas de difícil acceso e nas que a mecanización non é viable economicamente. Estas queimas que deberan ser favorecidas polas administracións, xa que supoñen a eliminación controlada de altas cargas de biomasa en épocas de baixo risco de incendio e a transformación deste en pasto, pola contra só contan con trabas e practicamente atópanse desaparecidas da labor de prevención de lumes. As rozas: A protección de hábitats de interese comunitario tales como queirogais é incompatible coa práctica do pastoreo do espazo, xa que o abandono exercido sobre estas áreas no século pasado fai que sexa necesario a apertura do terreo que de paso ós pastos. Esta apertura a día de hoxe é necesario realizala de xeito mecanizado polo que deberías ser unha actividade permitida de xeito ANUAL, sen as limitacións temporais (3 ou 5 anos) que se están a impoñer.

As infraestruturas:

Debe realizarse unha delimitación precisa das zonas ocupadas por hábitats prioritarios. A actual cartografía comprende grandes área nas que se determina a existencia de hábitats prioritarios sen ser fiel á realidade do terreo. As posible presenza deste tipo de hábitats condiciona as actuacións que se poden executar no terreo e non pode ser que a carga da proba da existencia ou non recaia nunha cartografía obsoleta e mal delimitada ou, no seu defecto, na obriga do promotor de levar acabo un estudo pola súa conta que na maioría dos casos é posteriormente rexeitado polas administracións, coa correspondente perda de tempo e diñeiro.
–Si se proporcionan as subvencións pra infraestructura protectora, compensacións acordes os danos, apoyo pra xestión activa e monitoreo, xunto con programas de educación e concienciación, sería posible lograr un equilibrio que beneficie tanto a fauna silvestre como a comunidade gandeira. Estas propostas non solo mitigan os conflictos, sino que tamen promoverían unha coexistencia armoniosa e sostible a longo prazo. Sería bo unha revisión dos recursos financieiros, tecnoloxicos é humanos dispoñibles actualmente para o sector baixo a nova PAC, optimizar a distribución dos fondos e brindar un apoyo técnico a agricultores e gandeiros , así como asumir os compromisos gubernamentales que proporcionen un apoyo continuo e respaldar as solución propostas


Ourense, 17 de xuño de 2024
As alcaldesas do Partido Popular da Provincia de Ourense
Teresa Barge, alcaldesa de A Bola
Sandra Quintas, alcaldesa de Bande
Patricia Torres, alcaldesa de Boborás
Maria del Carmen González, alcaldesa de Carballeda de Valdeorras
Rebeca Sotelo, alcaldesa de Cenlle
Pura Rodríguez , alcaldesa de Gomesende
Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco
Maria del Carmen Yáñez, alcaldesa de Lobios
Ana Villarino, alcaldesa de Oimbra
Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira
Eva Barrio, alcaldesa de Riós
Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso
Marta Novoa, alcaldesa de San Cibrao das Viñas