A Deputación de Ourense investirá máis de medio millón de euros na mellora da rede viaria provincial en nove concellos

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención);Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).

A Deputación de Ourense vén de sacar a licitación o proxecto de reforzo de firme con mestura bituminosa en quente en diferentes estradas provinciais por importe de  530.690 euros. Este proxecto define obras de conservación de firme-fresado, rega de adherencia, nova capa de rodadura con mestura bituminosa en quente e reposición de sinalización horizontal- en varias treitos de estradas provinciais, nunha lonxitude total aproximada de 5,5 quilómetros.

Estas actuacións levaranse a cabo en diferentes estradas dos concellos de Allariz, Xunqueira de Ambía, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Monterrei, Cualedro, Rairiz de Veiga, San Cibrao das Viñas e Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estas obras de conservación permitirán prolongar a vida útil dos firmes e mellorar as súas características superficiais, logrando unha maior textura e resistencia ao deslizamento e regularidade superficial.