O Concello de Ribadavia, ABANCA eAfundación presentarán mañá venres 9 de agosto, ás 11.30 h, na pequena praza á altura da rúa Progreso, 65, a exposición «Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA». Ao acto de inauguración asistirán o tenente de alcalde do Concello de Ribadavia, Miguel García; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.
«Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA» estará nas rúas de Ribadavia ata o vindeiro 3 de setembro. É unha proposta que amosa pezas das Coleccións de Arte Afundación e ABANCA que convidan a viaxar, ben por Galicia, ben arredor do mundo. A cronoloxía das pezas vai desde finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas. O concepto do proxecto é a viaxe, que sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumbos para a produción artística.
| Evento | Inauguración da exposición «Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA» en Ribadavia |
| Lugar | Pequena praza á altura da rúa Progreso, 65, de Ribadavia |
| Data e hora | Venres 9 de agosto, ás 11.30 h |
| Asistentes | Miguel García Domínguez, tenente de alcalde do Concello de Ribadavia Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo |
















