Este 24 de outubro ás 20:00 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia: “demostración en vivo de gravación de vinilos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

INTRODUCCIÓN A GRAVACIÓN DE VINILOS CON ERNESTO ROMERO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Non perdas a oportunidade de vivir unha experiencia única! 

Este 24 de outubro ás 20:00 horas convidámosvos a unha demostración en vivo de gravación de vinilos.

Ven descubrir o fascinante proceso de gravar en vinilos e mergúllate na maxia da música con todo un héroe local do mundo audiovisual, o gran Ernesto Romero, coñecido polo seu cine rural Novo Cine Leiro.

Esta actividade é interxeracional, perfecta para compartir momentos únicos con amigos e familiares de todas as idades. Algo moi especial, preparado para pechar as diferentes activacións organizadas no Museo Etnolóxico de Ribadavia, grazas a estupenda realización por parte de Arteficial e a Escola SINSAL da productora SINSAL, conectadas coa exposición ” As Historias da Música Gravada en Galicia” que podes visitar ata o día 9 de novembro. 

Contaremos cun relator de excepción, un experto na gravación analóxica que poucas veces terás a oportunidade de coñecer! A súa paixón e coñecemento farán desta demostración unha experiencia inesquecible. ¿Vas a perdelo ? Nós por nada do mundo o faremos!

 Museo Etnolóxico de Ribadavia

 Data: 24/10/2024

Hora: 20:00

Non quedes fora! Convida ós teus amigos e familia, e asegúrate de marcalo no teu calendario. Esperámoste para gozar xuntxs da música e da tradición do vinilo!

2.- AS HISTORIAS DA MÚSICA GRAVADA EN GALICIA

Ata o 9 de novembro ainda tereres ocasión de coñecer con máis detalle a mostra da Escola Sinsal que chegou ó Museo Etnolóxico en colaboración coa Asociación Arteficial

Esta mostra convida ó público a explorar a historia da música gravada en Galicia a través de oito figuras clave do país, dende o século XVII ata o século XX, ilustradas por artistas do cómic.

Cal era a relación de Emilia Pardo Bazán coa gravación sonora? Foi Labarta Pose o primeiro DJ galego?.
Nesta visita, ofrecida polo comisario da exposición Julio Gómez, poderás descubrir as respostas así como outros moitos aspectos das pezas que forman parte da mostra: a súa historia, funcionamento…

Entrada de balde