O GES de Ribadavia intervíu en dous incendios en Toén e Castrelo e nun accidente de tráfico na autovía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A xornada de hoxe, venres, foi de bastante traballo para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ribadavia, xa que os seus efectivos tiveron que atender un total de tres incidencias en tres muniipios da contorna. Concretamente, a primeira saída deste equipo tivo lugar ás 7,30 horas ata Castrelo de Miño, onde se declarou un pequeno incendio nun inmoble desta localidade, que foi sofocado con prontitude e no que tan só rexistraron danos materiais. A ese sinistro tamén acudiu unha patrulla do COS da Garda Civil.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha vez sobrepasado o mediodía, ao fío das 14,00 horas, producíase un accidente por saída de vía dun vehículo á altura do municipio de Ribadavia, no punto quilométrico 252 da autovía A-52, en sentido Vigo, no que os seus ocupantes non resultaron feridos de gravidade, se ben o automóbil rexistrou danos materiais importantes. O carril esquerdo da autovía Madrid-Vigo estivo cortado eventualmente ata que se levou a cabo a retirada do vehículo accidentado, coa colaboración do COTA.

Finalmente, outra chamada de emerxencia motivou outra intervención do GES de Ribadavia, ás 16,10 horas, para a extinción dun alpendre que estaba ardendo na localidade de Toén, no que non se viron afectadas persoas. No lugar dos feitos tamén contou coa presenza do COS.