A Garda Civil de Ribadavia tomou declaración a unha muller de 43 anos, veciña de Beade, como presunta autora dun delito de furto. A investigación iniciouse tras a denuncia dunha muller de 75 anos, quen asegura que alguén subtraeu a súa tarxeta de crédito do seu domicilio e realizou diversas retiradas de efectivo por un total de 14.000 euros.
Segundo a denuncia, as operacións bancarias fraudulentas levaron a cabo entre o 22 de agosto e o 1 de outubro. A vítima non se decatou do furto ata recibir os extractos bancarios, onde aparecían as retiradas de diñeiro realizadas sen o seu consentimento.
A presunta implicada foi chamada a declarar en calidade de investigada. O caso foi posto en mans do Xulgado de Instrución de Ribadavia, que determinará os próximos pasos no proceso xudicial
Mentres continúa a investigación, as autoridades lembran a importancia de protexer os datos bancarios e as tarxetas de crédito, especialmente en contornas familiares ou de confianza, para evitar este tipo de delitos.