� O incremento supón 502.354,68€, un 6,59% máis respecto ao presuposto de 2024.
� Non se contempla o incremento de impostos para os cidadáns de San Cibrao das Viñas, que continuará mantendo un capital vivo por operación de endebedamento de cero euros.
� Proxectase a construcción dun novo Consultorio en Pontenoalla, en cofinanciación coa Xunta de Galicia, que suporá unha inversión para o acondicionamento do local por parte do Concello de 185.000€. O local destinado a albergar o novo Consultorio xa foi adquirido neste ano en curso. Mantense en funcionamento o Centro de Saúde de San Cibrao.
San Cibrao das Viñas, martes 26 de novembro 20214
Esta maña tivo lugar o pleno municipal no que se aprobou o orzamento anual para o ano 2025 do Concello de San Cibrao das Viñas. O presuposto de gastos para este novo ano ascende a 7.614.591,47€. O incremento deste, en relación o ano 2024 e de 502.354,68€, un 6,59% máis.
No tocante o orzamento de ingresos, este supón 7.720.291,46€, un 7,85% máis que o ano 2024, e aprobado con superávit, en cumprimento coa normativa de estabilidade financeira vixente.
Aprobouse cun resultado de 11 votos a favor do grupo de goberno e 2 votos en contra da oposición.
“Trátase dun orzamento de Gastos que se incrementa nun 6,59% con respecto o aprobado para este ano en curso, o que permite reforzar os servizos prestados os veciños no eido social, de conciliación, cultural e deportivo”, asegura a alcaldesa Marta Nóvoa.
“Somos un Concello en crecemento, que actualmente se acerca os 6.000 habitantes e por iso, débese incrementar tamén, a atención presatada os nosos veciños”, sinala a edil municipal.
Indicar que, ademáis da suba para gastos municipais, non se incrementará a suba dos tipos impositivos de impostos, prezos e tasas públicas aos veciños.
Con estes orzamentos, preténdese ampliar e mellorar por outra banda, os servizos sociais, incrementando a oferta no servizo de conciliación, de actividades deportivas, culturais e educativas, sen abandonar o tocante as restantes áreas. Isto, co obxectivo de garantizar unha cobertura integral que favoreza o benestar dos veciños do Concello, sen descoidar ningún ámbito municipal.
Este presuposto prevé cero euros de débeda, de forma que o Concello de San Cibrao das Viñas, continuará mantendo o capital vivo por operación de endebedamento sen descubertos.
RESUMO POR CAPÍTULOS DOS ORZAMENTOS CON MAIOR IMPORTANCIA:
- GASTOS EN PERSOAL: 1.977.055,39€, representando tan só un 25,96% do presuposto total. Supón un incremento do 5,21% respecto ao de 2024, debido fundamentalmente a actualización salarial do 3%
previsto polo Goberno Estatal, e a unha productividade para os traballadores públicos.
2. GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS: 4.408.980,58€, que
representa un 58% do total, cun incremento do 0,24% respecto do 2024.
Nesta partida suprímese o gasto na recollida do lixo, xa que, foi transferido a Deputación Provincial.
Este capítulo contempla os gastos correspondentes para afrontar os servizos sociais primarios, a atención a domicilio, que supón case 1 millón de €, a escola infantil, os servizos deportivos, culturais e actividades en centros sociais, vivienda, urbanismo e mellora nas vías públicas, o alumeado, abastecemento, saneamento, depuración e controis de vertidos, así como, na preservación do medio ambiente.
- TRANSFERENCIAS CORRENTES: ascenden a un total de 210.400€, reducindo en 35.200€ debido a axustes de subvencións que non se xustificaban de forma completa. Contémplanse neste capítulo as partidas de subvencións mediante concorrencia competitiva e nominativas para:
- Mantemento e subvención de fomento da natalidade, adquisición de material escolar e familias madrugadoras.
- Mantemento das subvencións para eventos tradicionais: festas patronais, magostos, carnavais, etc.
- Fomento de actividades deportivas e culturais, cunha nova liña para creadores atrísticos e para deportistas individuais.
- Compre destacar que se mantén a axuda as asociacións empresariais, aumentada xa para o ano 2024, mantendose tamén a axuda ao fomento de mobilidade sostible nos Polígonos de San Cibrao, Barreiros e Tecnópole.
- INVERSIÓNS REAIS: ascenden a un total de 1.018.155,50€, que supón un incremento do 76,15%, financiado con recursos propios e co Plan CooperOU da Deputación Provincial.
Neste capítulo contémplanse gastos destinados a:
- Construcción dun novo Consultorio en Pontenoalla, en cofinanciación coa Xunta de Galicia que suporá unha inversión por parte do Concello de 185.000€.
- Acondicionamento de viais e prazas municipais.
- Compra e acondicionamento dun terreo para parque en Carballo a Serra cunha dotación de 78.000€.
- Compra e acondicionamento dun terreo para parque en A Castellana cunha dotación de 40.000€.
- Unha dotación para o remate do local social de A Mioteira de 99.599€.
- Mellora de accesos a núcleos de poboación, viais e camiños veciñais, alumeado, parques, e así como, mobiliario en xeral.
- Melloras nas instalacións deportivas, na escola infantil e na biblioteca.
- Inversións para cubrir necesidades do Concello.