Un total de 60 maiores do Carballiño achéganse ás novas tecnoloxías no Centro Sociocomunitario

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Catro grupos de 15 persoas do Carballiño están a participar no programa “A Maiores”, promovido dende a Concellería de Servizos Sociais e La Region e que persigue o obxectivo de sensibilizar, visibilizar e dinamizar o colectivo de maiores, á vez que proporcionarlle os instrumentos de capacitación, acompañamento, interacción e información propicios, que eviten o seu aillamento e exclusión social. Estes obradoiros estanse a desenvolver no Centro Sociocomunitario da vila e o alumnado aprende a manexar as ferramentas que lles proporcionan os teléfonos móviles para acceder aos enlaces de institucións e organismos públicos, enviar ou recibir correos electrónicos e tamén ter a oportunidade de ler as novas nos xornais dixitais, coma é o caso de Badal Novas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As actividades comezaron onte, luns, e nesta primeira semana organizáronse catro grupos de 15 persoas maiores en horario de mañá e tarde, co obxectivo principal de evitar que os maiores caian no sedentarismo e poidan manterse activos. Asemade, e dentro do mesmo programa “A Maiores” tamén se organizarán dous obradoiros motivacionais e un taller interxeracional no que participarán adolescentes do IES Nº1 do Carballiño. Para Yolanda González, directora do Centro Sociocomunitario, “esta é unha iniciativa moi benvida para nós que está a funcionar moi ben e que tivo unha alta demanda de prazas, de xeito que se cubriron rápidamente as 60 que había ofertadas para esta semana, e aínda quedan prazas libres para as persoas que desexen inscribirse para a vindeira”.