O grupo socialista critica que o goberno de Jácome se escude na burocracia para non sacar adiante o rueiro feminino e afirma que existen solucións alternativas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Incidimos, como se dixo na propia Xunta de Área, na posibilidade de facer nomeamentos ante un acordo unánime político –tal e como aconteceu noutras ocasións como, por exemplo, a estatua da praza Saco e Arce ou o Parque 25N de Reza–”, explicou a edil do PSdeG Cristina Cruz

“As socialistas suxerimos crear unha Comisión para a redacción e aprobación dun novo regulamento; o cal non resulta necesario só para isto, senón tamén para outros temas pendentes; e onde poidamos participar todos os grupos políticos

Ourense, 12 de decembro de 2024. Na última Xunta de Área de Servizos Sociais do Concello de Ourense –onde está incluida Igualdade e onde o grupo municipal socialista expuxo en reiteradas ocasións as inquedanzas e esixiu solucións sobre a posta en marcha do rueiro feminino que a día de hoxe está paralizado– o goberno de Gonzalo Pérez Jácome argumentou que é preciso modificar o Regulamento de Honras e Distincións polo que se rexe a Administración local porque.

“Advertiu o executivo de Democracia Orensana que, do contrario, non poderían dar cumprimento aos acordos plenarios ao respecto e, polo tanto, cremos nós, o rueiro feminino que foi respaldado por toda a Corporación no seu momento seguirá paralizado sine die”, lamenta a edil do PSdeG Cristina Cruz.

“As socialistas suxerimos crear unha Comisión para a redacción e aprobación dun novo regulamento; o cal non resulta necesario só para isto, senón tamén para outros temas pendentes; e onde poidamos participar todos os grupos políticos. Incidimos, como se dixo na propia Xunta de Área, na posibilidade de facer nomeamentos ante un acordo unánime político –tal e como aconteceu noutras ocasións como, por exemplo, a estatua da praza Saco e Arce ou o Parque 25N de Reza–”, explicou a edil do PSdeG.

Así as cousas, o grupo municipal socialista considera que a inacción da Concellería de Igualdade non se pode excusar na complexidade burocrática para non avanzar neste tema posto que, de ter vontade política, existen solucións. “O noso propósito é contribuir a acadar que Ourense sexa unha cidade feminista valorando e visibilizando, a través do rueiro, a todas esas mulleres (Cuca Tovar, Olga Gallego, as irmás Touza…) que nos distintos eidos da cultura, da ciencia e do deporte destacaron de maneira brillante e amosando o mellor lado da condición humana”, rematou resumindo Cristina Cruz.