A Deputación distribúe o Programa Provincial do Entroido 2025

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense vén de editar o Programa Provincial do Entroido 2025, unha publicación que será distribuída en locais de hostalería e oficinas de Turismo de toda a provincia. Cunha tirada de 5.000 exemplares, esta publicación, que a Deputación (a través do Inorde) vén editando desde 2017, recompila os máis de 350 actos previstos en máis de 65 localidades de 39 concellos da provincia, a celebrar entre o 20 de febreiro e o 16 de marzo.

Moitos deles contan con recoñecementos de interese turístico, como é o caso de Xinzo (Declarado de interese turístico internacional); Verín (Declarado de interese turístico nacional); e Laza, Vilariño de Conso, Manzaneda, Viana do Bolo e Maceda (Declarado de interese turístico galego).