Baixo o título de “Renacer ou revivir”, o artista ourensán abre unha nova etapa na súa traxectoria vital e creativa
Luis Menor salientou o papel da Deputación como “canalizador de oportunidades” dando proxección aos artistas
Ourense, 20 de xuño, 2025
A Deputación de Ourense acolle unha nova exposición artística no corredor do segundo andar, co traballo máis recente e nunca visto ata agora do ourensán Fernando Eiriz, escollido desta volta para mostrar a súa obra no Pazo Provincial, na que supón a súa primeira exposición individual titulada “Renacer ou Revivir”.
Fernando Eiríz (Ourense, 1982) é un deses artistas autodidactas que leva toda a súa vida rodeado de beleza e creatividade. Formado en restauración e ebanistería, a empresa familiar (enmarcado, restauración e montaxe de exposicións) foi a escola mellor que podía atopar.
Cun intervalo de tempo en Madrid, o retorno a Ourense é o seu renacer creador, nunha busca intencionada da simplicidade, posiblemente o máis difícil nun artista. Admirador recoñecido do gran Leopoldo Nóvoa, o certo é que “ao traballar a diario con arte sempre vas tendo algunha influenza de todos”, sinala o artista, destacando que “o lapis é o principio de todo”.
O presidente da Deputación, Luis Menor, que percorreu a exposición acompañado polo artista e polo director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González, salientou o papel de institución provincial como “canalizador de oportunidades, dando visibilidade e proxección a un creador que se ensina ao mundo pro primeira vez desde o Pazo Provincial”, ao tempo que subliñou a orixinalidade do traballo de Eiriz.