Magnífica noite na Torre do Castro co trío vigués  Abril: tradición e modernidade con sons de raíz e folk contemporáneo

O pasado sábado, 9 de Agosto ás 21.00 h ( e xa vai polo sexto ano de música na Torre do Castro),  tivemos o gran privilexio de ter en concerto nun lugar incomparable ao carón da Torre Medieval do Castro (Concello de Sandiás) o espectáculo musical de Claudia Abril, Mariana Carpente e Hugo Abril do grupo vigués Abril no concerto de músicas galegas e ibéricas, onde se mestura tradición e modernidade con sons de raíz e folk contemporáneo con certa intimidade, personalidade e frescura.  Grazas a preto de 150 veciños, veciñas e persoas do entorno da comarca, asistentes ao concerto.

A actuación deste ano estivo contextualizada no programa do concello en torno ao “Eloxio da Oralidade” con nove actuacións ao longo do ano con  motivo da celebración da poesía  popular oral nas persoas das cantareiras. Tivemos obradoiros de cantareiras, educación vocal e recollida de música popular, nas visitas guiadas ao Centro de Interpretación da Lago púxose énfase na oralidade fantástica (contos, lendas, mitos, xeografía mítica da Lagoa), poesía musicada con Róchi Nóvoa de Sobradelo e cerrando o ciclo co concerto musical do trío Abril (música de tradición oral). Neste senso continuamos coa mesma línea de as actuacións: a música de raíz (tradición) mesturada con novos xéneros musicais (modernidade). Dende o comezo dos concertos na aldea do Castro xa pasaron grupos e actuacións individuais como Mallou, Manoele de Felisa, Tor-Folk céltico da Galiza, o fado cheo de emoción, poesía, nostalxia e afouteza de Iria Estévez e o grupo de música tradicional e folk contemporáneo, Abril.

O nome “Abril” evoca a frescura, o renacemento da primaveira. Entroncados a cabalo de Castela (Valladolid) e Galicia (Vigo), andan a procura e mestura da tradición oral e os xéneros musicais modernos. A ninguen se lle escapa que a música galega vive o bo momento bebendo do noso idioma e da tradición sonora.

Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) integran o grupo Abril que é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. No concerto participou tamén Hugo Abril (guitarra clásica). Abril é tradición renovada; un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.

Claudia Abril é cantante, percusionista, violinista e arranxista. Estudia violín folk, canto e pandeireta na E-Trad de Vigo, e fórmase con Paco Charlín no Seminario Permanente de Jazz en Pontevedra. Claudia é cofundadora e vocalista do cuarteto DADGA. Colabora como cantante con Alfonso Franco en xiras internacionais. No 2019 é convidad por Alasdair Fraser como profesora de canto no fiddle camp na isla de Skye, Escocia. Actualmente participa como voz solista na ‘Galicia Fiddle Orquestra’ e do grupo folk Abril.

Marina Carpente é intérprete, arranxista e violinista de formación clásica, e amplía a súa carreira a músicas tradicionais e músicas modernas. Estuda violín folk na E-Trad de Vigo con Alfonso Franco. Recibe aulas e masterclass de fiddlers de renombre do panorama peninsular e internacional coma Begoña Riobó, Hanneke Cassel, Casey Driessen ou Katie McNelly. Cofundadora do cuarteto DADGA. Actualmente forma parte da ‘Orquestra Folk de GaliciaSonDeSeu’, da ‘Galicia Fiddle Orquestra’, e do grupo folk Abril.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------