Ourense, 16 de outubro de 2025.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na inauguración do sétimo Congreso Internacional e as 52ª Xornadas Nacionais Socidrogalcohol, que reúnen no Auditorio Municipal a medio cento de expertos internacionais en adiccións.
Menor puxo en valor a “importante contribución científica” deste congreso que organiza o experto en drogas Manuel Isorna e destacou tamén o papel da Deputación como “impulsora da conversión da provincia en sede de grandes eventos” lembrando, precisamente, a reciente celebración do Festival Internacional de Cine. Luis Menor tamén lembrou que, pola súa propia traxectoria profesional, coñece de cerca as adiccións e as súas consecuencias, “que non só afectan a quenes as padecen, senón tamén a cantos están ao seu redor”.
Ademais, convidou aos asistentes a desfrutar dos atractivos da cidade e da provincia durante os días do Congreso, que se celebra ata o próximo 18 de outubro.